Thursday 19 de September de 2024

“I Xuntanza de Esculturas de Area” na praia do Rebalo en Aguiño


O pasado 27 de xullo celebrouse a primeira das tres citas desta primeira Xuntanza de Esculturas de Area onde 72 persoas, tanto adultos como nenos, deron forma a 35 figuras; xuntanza promovida por Jesús Antonio Paz e Conchi Olveira na que colabora o concello de Ribeira.

Despois do éxito da primeira temos no calendario programadas dúas máis, a segunda o vindeiro 11 de agosto na praia da Corna en Palmeira na que xa se acadou o tope de inscricións e a terceira e última da xuntanza desta primeira edición, na praia do Rebalo en Aguiño o vindeiro 17 de agosto na que os interesados poden facer a inscrición no “instagram”: @apintedasdunas ou a_curuxa16. Nesta última cita teremos de xurado ao músico Nando Llon e ao “influencer” Víctor Oujo.

A franxa de idade para a inscrición é de 3 a 12 anos acompañados por un adulto/a