O rexedor, Luís Pérez. o tenente de alcalde, Vicente Mariño e a enxeñeira municipal fixeron onte unha visita a Lixó na parroquia de Palmeira para supervisar as obras que se están a acometer; o obxectivo das mesmas é cubrir unha necesidade demandada pola veciñanza, facendo unha correcta xestión de residuos coa rede de saneamento e dotándoos de liña de abastecemento de auga potable.
Segundo explicou as obras avanzan a un bo ritmo pese a dificultade que se atoparon os técnicos da empresa adxudicataria coas laxes de granito cando estaban procedendo á escavación da gabia.
A adxudicación da obra foi concedida á empresa “Excavaciones Mina S.L.” con un orzamento total de 149.876,17 € a levar a cabo en catro meses.
“Grazas a actuación como esta a veciñanza de Lixó disporá de dous servizos esenciais como son a auga potable e o saneamento, por tanto seguimos avanzando na dotación de servizos fundamentais a núcleos que até agora carecían deles” concluí o rexedor.