Friday 22 de November de 2024

Un total de 25 nenos e nenas desfrutaron do XXI Campionato de Pesca Infantil de Frades


A área recreativa da piscina municipal de Papucín acolleu a edición número 21 do Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades. O evento reuniu a 25 nenos e nenas do municipio, que estiveron acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas.

Durante a competición a rapazada capturou varios exemplares que puideron levar posteriormente as súas casas. Despois dunha boa pesca tiveron a súa recompensa con medallas, agasallos e merenda, entregadas polo alcalde, Roberto Rey, quen estivo acompañado dos concelleiros Manuel Ferreiro, Jesús Francos e Juan Carlos Portos.