Friday 22 de November de 2024

O Concello de Neda convida a nenos e maiores ao pase do filme de animación “El gato con botas: el último deseo” este xoves no paseo marítimo


A proxección comezará ás 22:30 horas na contorna do Albergue

O ciclo de cine de verán inclúe tamén unha nova sesión o xoves 22 na rúa Real, co visionado da cinta “Os demos de barro”

O Concello de Neda convida a nenos e maiores a asistir a dúas sesións de cine nocturno durante este mes de agosto. A primeira, á volta da esquina, este mesmo xoves, celebrarase no paseo marítimo, xunto ao Albergue de Peregrinos, coa proxección, a partir das 22:30 horas, da longametraxe de animación “El gato con botas: el último deseo”, unha comedia de aventuras producida por DreamWorks Animation e distribuída por Universal Pictures na que o famoso personaxe emprenderá unha viaxe épica coa que restaurar as vidas perdidas polo camiño.

A seguinte sesión terá lugar o xoves 22, na rúa Real, emplazamento fixo no cartel do cine de verán do Concello. Nesa ocasión, o público poderá desfrutar do pase da cinta galega “Os demos de barro” a partir das 22:00 horas.

Nun e noutro caso, o Concello de Neda conta co apoio da Deputación da Coruña, a través da Rede Cultural.