Friday 22 de November de 2024

Participa nas Pekeolimpíadas, dúas xornadas de xogos en equipo para desfrutar do verán no noso litoral


Mañá mércores celebrarase a primeira eliminatoria en Razo, e o día 14 disputaranse as finais en Baldaio

Se tedes 14 anos ou menos e xuntades un grupo de cinco amigos xa podedes participar nas Pekeolimpíadas, dúas xornadas de xogos en equipo que se celebrarán os días 7 e 14 de agosto nas praias de Razo e Baldaio, e nas que contamos coa colaboración de Sysca para que desfrutedes coma nunca do verán no noso litoral. Anotádevos hoxe sen falta! Só tedes que pinchar aquí.

En que consistirán as Pekeolimpíadas?
Nunha carreira de obstáculos por equipos, na que teredes que chegar xuntos á meta, e nunha proba contra-reloxo da que sairá o equipo gañador dos nosos xogos olímpicos particulares.

Que tipo de obstáculos haberá?
Na proba de Razo teremos vigas de equilibrio, rede vertical, movemento de carga, paso de valos e paso polo túnel, nas que teredes que usar toda a vosa habilidade e demostrar a vosa capacidade para xogar en equipo.

E cales serán os xogos de habilidade?
Tamén haberá varios, como o de enterrar ao defunto, adiviñar un elemento típico de Carballo que deberá debuxar un dos membros do equipo ou a busca do tesouro.

Mola, non si?
Pois o dito: se tedes 14 anos ou menos… bulide e anotádevos!
Quedamos este mércores 7 para empezar a xogar de 10.30 a 13.30 horas na explanada de Razo.