Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron esta tarde nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa no río San Xoán, debido a unha caída nun terreo pedragoso do tramo fluvial, no concello da Pobra do Caramiñal.
Foi necesario realizar unha evacuación con pesca debido ás complexidades da zona.
Ademais do SPEIS de Boiro, participaron os bombeiros de Ribeira, Protección Civil e Policía Local da Pobra do Caramiñal, a Garda Civil e o 061.