Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados sobre as 22:25 horas de onte, domingo 4 de agosto, dun accidente de tráfico acontecido en Pino do Val, na parroquia de Chacín, pertencente ao concello de Mazaricos.
A incidencia tivo lugar na rotonda de Pino do Val e foi orixinada pola colisión ente dous vehículos, provocando que un deles envorcase. As persoas involucradas resultaron feridas, aparentemente de carácter leve, e foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
O operativo consistiu na desconexión dos vehículos e na posterior limpeza da vía. Nel tamén tomaron parte Garda Civil Santiago, a Garda Civil de Tráfico Santiago, o 061 Muros, o GES Noia e o SMPC Mazaricos.