Thursday 19 de September de 2024

Subvención municipal para as regatas de traiñeiras


O Club de Regatas Perillo organiza este sábado 10 de agosto a XXIII Bandeira Concello de Oleiros masculina e a VIIII Bandeira Concello de Oleiros feminina. Será a partir das 17:30 horas e poderá seguirse desde o Parque de Nirvana.

Ambas competicións forman parte da Liga Galega de traiñeiras e contarán coa participación das dúas tripulacións locais e outros 11 equipos, femininos e masculinos.

Para continuar apoiando e fomentando este deporte no municipio, o Concello concedeulle unha subvención de 9.985 euros ao Club de Regatas Perillo para sufragar o 100% dos premios que recibirán os equipos participantes nas regatas.