Friday 22 de November de 2024

Ángeles Vázquez asiste á Feira do Cabalo de Curtis


A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe, acompañada polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, á XIII edición da Festa do Cabalo da localidade, que tivo lugar en Teixeiro.

Logo de salientar que esta celebración xa se ten consolidado como unha das máis atractivas para os afeccionados ao mundo ecuestre, Ángeles Vázquez puxo en valor a importancia “de coidar dos nosos animais” como garantía da conservación da biodiversidade e do futuro do medio rural da Comunidade.

A Feira do Cabalo de Curtis inclúe, entre outras, actividades como o Concurso morfolóxico oficial da Copa Galicia -puntuable para a Copa Galicia de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega-, probas de andadura, o Campionato Galego de Enganches ou un espectáculo ecuestre.