Friday 22 de November de 2024

O espectáculo ‘Rock en Familia’ volve a María Pita cos grandes éxitos do rock nacional e internacinal


A actuación, para todos os públicos, comezará ás 20.00 horas

Este domingo 4 de agosto a praza de María Pita acollerá, un ano máis, o espectáculo para todos os públicos ‘Rock en familia’. A actuación comezará ás 20.00 horas e forma parte do ciclo Noites de María Pita, dentro da programación das Festas de María Pita 2024. O Goberno de Inés Rey buscou deseñar unha programación para todas as idades e públicos, tal e como se pode comprobar coas actuacións na praza.
‘Rock en Familia’ é un espectáculo pensado para todas as idades , no que grandes e pequenos poderán gozar por igual da experiencia da música en directo, ao tempo de descobren a historia e as cancións dalgúns dos e das artistas máis importantes da historia do rock e do pop.

Nesta ocasión, presentarán ante o público coruñés o espectáculo ‘Summer Rock Story’. A través do contacontos O Oso Rosendo e diferentes bandas tributo, repasarase a traxectoria de formacións como Ramones, AC DC, Nirvana, The Beatles, Guns ‘n Roses ou Queen. Tamén haberá grandes éxitos de grupos españois como Loquillo, Barricada ou Fito y Fitipaldis.

Noites de María Pita
 5 de agosto: Omar Montes – 22.00 horas
 6 de agosto: Locos por la Música – 20.30 horas
 12 de agosto: La Plazuela – 22.00 horas
 13 de agosto: Ariel Rot – 22.00 horas
 14 de agosto: Budiño – 22.00 horas

Servizo especial de transporte
Como é habitual, o Concello activará desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que entrará que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo e favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.
Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás o martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento ‘Locos Coruña’. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:
 Liña 1, con cobertura ás zonas da Palloza, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e a avenida de Monelos.
 Liña 1-A, con cobertura ás zonas de Catro Camiños, a avenida Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
 Liña 3-A, con cobertura ás zonas de Labañou e Os Rosales.
 Liña 6, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende.
 Liña 7, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, O Peruleiro, rolda de Outeiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira.
 Liña 11, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela e Os Mallos.
 Liña 21, con cobertura ás zonas de Ramón y Cajal, Pablo Picasso, O Birloque e Novo Mesoiro.
Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación habitual: Labañou – Rolda de Outeiro – O Birloque – Novo Mesoiro.