O rexedor, Luís Pérez e a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo comunican á veciñanza e visitantes que se está reforzando as tarefas de limpeza do mobiliario e das zonas máis concorridas.
Pérez Barral manifestou que “dende o concello de Ribeira estase reforzando a limpeza do mobiliario urvbano e das zonas públicas durante os festexos, este traballo realízase para evitar a suciedade e tamén como unha das medidas para manter máis limpo o espazo público do noso concello, despois das festas se reforzará a limpeza noutros barrios e noutras parroquias; dende o concello é unha cuestión que se leva traballando ca empresa concesionaria do servizo de limpeza “Urbaser”.
A concelleira Redondo añadeu “os feriantes tamén van a asumir as tarefas de limpeza no seu espazo, xa que dende o concello se lle pedíu que contribuisen á mesma para entre todos/as ter unhas festas máis limpas”