· A xornada comeza ás 12 horas co acto de inauguración e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023 no Concello
· Ao remate, o grupo Barafunda realizará un pasarrúas co seu espectáculo circense ‘Os zancudos’
O Concello de Cariño abre este domingo o telón da súa edición número XLVI da Mostra de Teatro Galego, que encherá de grandes actuacións o municipio desde o 4 ata o 10 de agosto, volvendo a situar ao Concello como un dos centros neurálxicos dramáticos en Galicia.
A xornada abrirase ás 12 horas na Casa Consistorial co acto de inauguración e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023. Na categoría de adultos o premio recae una categoría Chévere, coa obra ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’ e no apartado infantil, recollerá o recoñecemento a Compañía Náufragos coa súa obra ‘Hugo’.
Ao remate da cerimonia, o grupo de teatro Barafunda percorrerá as rúas de Cariño co seu espectáculo ‘Os zancudos’, en clave de humor, e cunha gran performance de globoflexia
Para culminar a xornada, o grupo Mute levará o seu espectáculo ‘Oran Bi’ á Praza da Pulida a partir das 20:30 horas. Esta obra, gañadora do premio ao mellor espectáculo de Euskadi no ano 2022, é unha peza circense que se caracteriza pola innovación e o risco escénico.
Desde o Concello de Cariño animan a todos, veciñanza e visitantes, a gozar desta xornada inaugural da Mostra, que de seguro que será do máis especial.