Thursday 19 de September de 2024

Inauguración Recrearte


Inauguración de Recrearte onte na área recreativa O Castro.
Participaron o alcalde de Cerdido, Alberto Rey, a concelleira de Cultura, Amalia Díaz, e os artistas que participarán este mes, María Rykava e Diego Pérez Dopico ‘J.PeaK’.

A primeira quincena expoñeranse as obras de María Rykava e segunda as de Diego Pérez Dopico, en horario de 15:30 a 20:30 horas, de martes a venres; e de 15 a 20 horas os sábados, domingos e festivos.