Friday 22 de November de 2024

Rematan as obras de renovación do pavimento do parque de Ponte do Porto


• O Concello asumiu o total do orzamento desta actuación.

O Concello de Camariñas rematou as obras de renovación do pavimento do parque infantil de Ponte do Porto, en concreto na rúa Campo do Outeiro. Instalouse un pavimento continuo composto de dúas capas que ten como vantaxe fronte a outras opcións a súa maior absorción de impactos, é antideslizante e de mantemento sinxelo, non é inflamable, nin tóxico, non ten xuntas e adáptase a calquera tipo de terreo.

Para levar a cabo esta obra solicitouse unha subvención á Xunta de Galicia para a liña de parques infantís, pero o goberno autonómico rexeitou a petición municipal. Finalmente, a obra financiouse ao cento por cento con aportación municipal. O orzamento total de execución material das obras a executar foi de 17.688,09€, o orzamento de contrata sumando o I.V.E. ascende a 25.469,08€.