As semifinais serán o 10 de agosto e a final, o 24 do mesmo mes.
O torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol celebra neste verán a súa 37ª edición con seis equipos participantes.
O sistema de competición será por eliminatorias a un único encontro a disputar nos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.
Realizado o sorteo da competición, na rolda previa resultaron estes emparellamentos que se disputarán nesta fin de semana:
• Paiosaco S.D. – San Ramón Veteranos (Sábado, 10:30 h, Municipal da Laracha).
• San Román Veteranos – Soandres Veteranos (Domingo, 10:00 h, A Porta Santa de Paiosaco)
Os dous conxuntos vencedores quedarán emparellados nunha das semifinais. A outra medirá a Sporting Laracha e Canteras El Pozo de Soandres, que quedaron exentos na rolda previa. Eses partidos xogaranse o sábado 10 de agosto.
A final do 37º torneo de peñas de fútbol “Concello da Laracha” será o sábado 24 de agosto ás 19:00 h no campo Municipal da Laracha.
En todos os casos a entrada para o público é libre e gratuíta.