Friday 22 de November de 2024

En marcha as obras de pavimentación do camiño da Areosa, en San Cidre


· O obxectivo é acondicionar e realizar a limpeza de cunetas.

Xa están en marcha as obras de repavimentación da travesía de San Cidre, máis coñecido como camiño da Areosa.

Os traballos consisten no acondicionamento do firme, que presentaba un estado deteriorado debido ao desgaste ao longo dos últimos anos; e a limpeza de cunetas. Ademais, aproveitarase para demoler as dúas plataformas para contedores para volver reconstruílas, incorporando un paso para a auga.

Esta obra supón un investimento de case 50.000 euros e significa continuar coa mellora de camiños e vías por todas as parroquias do concello.