Friday 22 de November de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 1 de agosto de 2024


A Pobra do Caramiñal, 02 de agosto de 2024.- O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 1 de agosto, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

 

  1. Dar conta de decretos da alcaldía e asuntos varios.

 

  1. Dación de conta da aprobación da liquidación do orzamento de 2023.

 

  1. Proposta de alcaldía das datas para a determinación das festividades locais para o ano 2025. 18 de agosto (luns do Carme dos Pincheiros) e 22 de setembro (luns do Nazareno). Aprobada con 11 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE, VIxP e PP) e 2 abstencións (BNG).

 

  1. Proposta de alcaldía implantación política de seguridade do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.

 

  1. Aprobación provisional de crédito extraordinario 01/2024. Aprobado por unanimidade.

 

  1. Aprobación provisional de suplemento de crédito 01/2024. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

 

  1. Aprobación provisional de crédito extraordinario 02/24 e aprobación de modificación da base de execución nº39. Aprobado por unanimidade.

 

  1. Aprobación provisional de suplemento de crédito 02/24 e aprobación de modificación da base de execución nº39. Aprobado por unanimidade.

 

  1. Proposta alcaldía delegación de competencias para a xestión recadatoria na Deputación Provincial da Coruña. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

 

  1. Establecemento da taxa e aprobación provisional da ordenanza fiscal nº37 reguladora da taxa por dereitos de exame. Aprobado por unanimidade.

 

  1. Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº23 reguladora da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

 

  1. Solicitude á Deputación Provincial de concesión dunha subvención nominativa para o proxecto de novas aperturas comerciais na Pobra do Caramiñal “Emprende-CoPobra”. Aprobado por unanimidade.

 

  1. Aprobación prórroga do convenio de colaboración entre Axencia Tributaria de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal en materia de recadación en vía executiva. Aprobado por unanimidade.

 

  1. Moción do grupo municipal do BNG relativa á suba do canon de Sogama aos concellos. Aprobada por 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

 

  1. Moción do grupo mixto (PSOE) en defensa do servizo básico e esencia da educación pública. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

 

  1. Moción do grupo mixto (PSOE) relativa ao canon da auga. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

 

  1. Moción do grupo mixto (PSOE) sobre o financiamento da Xunta de Galicia do Servizo de Axuda no Fogar. Aprobada por unanimidade a inclusión da emenda presentada polo PP. Aprobada por unanimidade a moción emendada.

 

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa ó cambio de sentido dos aparcamentos en batería. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

 

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á creación de aparcamentos disuasorios. Aprobada a inclusión da emenda presentada polo goberno municipal con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

 

Ao completarse a duración máxima establecida para os Plenos, de 4 horas, no artigo 23 do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), quedaron dous puntos da orde do día sen tratar e a parte de rogos e preguntas.

 

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.