Monday 25 de November de 2024

O Concello licita o subministro dun vehículo para o a departamento de Servizos Sociais


O contrato presenta un orzamento de 27.000 euros.

O Concello licitou hoxe, coa publicación do anuncio na Plataforma de Contratación del Sector Público, o subministro dun novo vehículo que se porá a disposición do persoal adscrito ao departamento de Servizos Sociais.
Entre as características que debe cumprir o automóbil están que o tipo de combustible sexa diésel cun consumo en ciclo combinado inferior a 6,1 l/100 km, emisións de CO2 menores de 160 gr/km, distintivo ambiental C e caixa de cambios manual.
O prazo mínimo de garantía fixado é de dous anos a contar desde a data de recepción do vehículo, podendo mellorarse de conformidade coa oferta do adxudicatario.
O orzamento total do contrato é de 27.000 euros. A adquisición deste automóbil será cofinanciada entre o Concello e a Deputación da Coruña.