• Será en horario de 13:00 a 20:30 horas, de luns a domingo, durante todo o mes de agosto e a metade do mes de setembro
O Concello de Cariño acaba de anunciar que, desde este venres 2 de agosto, a praia de Fornos contará con servizo de socorrismo.
O areal estará vixiado por tres socorristas durante o resto da tempada estival, que asegurarán as condicións idóneas para o baño e, no caso de que se dese algunha situación de emerxencia, poderán atendela.
O horario no que estará activo este servizo será desde as 13:00 ata as 20:30 horas, de luns a domingo.
Segundo argumenta a rexedora, Ana María López, “é unha satisfacción poder anunciar o inicio deste servizo durante o que resta de verán, despois de ver as grandes complicacións que estamos a ter todos os municipios á hora de atopar socorristas”.
“Damos prioridade á implementación deste servizo na praia de Fornos debido á súa alta afluencia de visitantes”, engadiu a alcaldesa.