“As festas de xullo de Arteixo cada ano son máis cativas” critican desde o BNG de Arteixo.
Unha vez pasadas as festas vimos que cada ano hai menos actividade e a xente responde marchando a outras festas da contorna.
Todos poidemos ver como xa a afluencia de xente ás festas non son as que eran en anos anteriores e o motivo poidera estar en que este ano non houbo ambente de festas. Este ano só se fixo a Alborada polo centro de Arteixo e non polos lugares máis cercanos. A Alborada servía ademais para incentivar aos grupos locais para promocionarse no noso concello e este ano reducíronse estas actuacións.
Por non falar da falta de programación para a xuventude. A rapazada decidíu marchar ás festas veciñas onde si había actuacións para eles e elas.
Falabamos da falta de ambente de festa coa redución das alboradas mais tamén con un elemento significativo e tradicional como son os foguetes que ao amencer recordaba que Arteixo estaba de festa.
Non só se notou esta desidia política na decisión de recurtes de actos e actuacións senón na falta de organización e decisión política ante cambios de localización de algúns actos que sen dúbida afectaron ao seu comezo case unha hora e se prolongou ate case a medianoite sen aire acondicionado no Centro Cívico, como foi o acto das Habaneras.
O BNG de Arteixo lévalle comentado ao goberno local que había que amañar o aire acondicionado do Centro Cívico e vemos que fai caso omiso das aportacións que lle fai o BNG de Arteixo.
Ademais, as festas deben ser participativas e deixar que as entidades e persoas podan organizar os seus propios eventos pois todos os actos axudan a crear ambente festivo e non prohibir, a non ser que afecten á seguridade, para facer unhas festas máis fortes.
En próximas datas, saberemos canto se gastou nestas festas, que de seguro non foi pouco. Estaremos ao tanto para informarlle á veciñanza o que se gastou nestas festas que deixaron moito que desexar e provocaron frustración na xente.