• Será a partir das 21 horas, con entrada gratuíta
A Praza dá Puída de Cariño acolle este venres, 2 de agosto, o espectáculo de maxia ‘Oh, Circo!’ de Cayetano Lledó.
Será a partir das 21 horas nun espectáculo gratuíto para públicos de todas as idades.
Cayetano é un dos artistas máis recoñecidos do noso país, que participou en festivais e congresos dentro e fóra de Europa, levando a súa maxia a teatros de todo o mundo.
Desde o Concello de Cariño animan a todos, veciños e visitantes, a achegarse este venres ata a Praza dá Puída para gozar deste espectáculo de maxia e ilusionismo.