Friday 22 de November de 2024

O Concello si quere buses nocturnos, pero para a mocidade de Oleiros


O Concello de Oleiros si quere buses nocturnos para as festas, pero buses para a xuventude de Oleiros, non para outros municipios. Hai milleiros de mozos e mozas de Oleiros que queren desprazarse ás festas aos que a Xunta lles nega este servizo público, porque prioriza á mocidade da Coruña sobre a de Oleiros.

“Nas Festas de Mera, tras as demandas do Concello de Oleiros, si houbo bus circular. Agora na Festa de Lorbé non o haberá. Por que?”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

O público principal ao que se dirixen as festas que se celebran en Oleiros é local, polo que non ten sentido que se poñan buses para conectar con outros municipios e se deixen sen atender as demandas da xuventude oleirense.