O alcalde, José Manuel Mato, asinou un convenio de colaboración cos presidentes de ambas entidades, que recibirán 13.000 euros cada unha
Estes acordos teñen como obxectivo fomentar a práctica deportiva entre a veciñanza
O Concello de Ponteceso destina durante este ano 2024 un total de 26.000 euros a apoiar aos equipos de fútbol Corme C.F. e Puenteceso S.D.
O alcalde, José Manuel Mato, asinou o convenio de colaboración cos presidentes de ambas entidades, María Higinia Vidal, do Corme F.C. e Miguel Cousillas do Ponteceso S.D.
O obxectivo destes convenios é apoiar ao deporte escolar e federado, colaborar co desenvolvemento e a promocionar o fútbol, especialmente en idades base.
Segundo indicou o rexedor, “coa sinatura destes convenios a nosa intención é estar a carón dos clubs deportivos locais, para que sigan levando a cabo o labor que tan ben desempeñan ao longo dos 365 días do ano á hora de promover o deporte a idades temperás e a achegalo á veciñanza”.
“Desde o noso goberno temos a firme intención de fomentar os hábitos de vida saudables e facilitar o acceso ao deporte, e isto é unha mostra diso” engadiu.
O Puenteceso S.D. é un club que competía este ano en sénior masculino en Primeira Galicia e conta coas categorías inferiores de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
O Corme C.F., pola súa banda, competía este ano en sénior másculino tamén en Primeira Galicia e conta coas categorías inferiores de prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e xuvenil, ademais das categorías de veteranos e sénior feminina.