Friday 22 de November de 2024

Martes de Entroido e San Xoán serán os festivos locais de Oleiros en 2025


O Goberno municipal acordou designar como festivos locais de Oleiros para o ano 2025 o martes de Entroido (4 de marzo) e o San Xoán (24 de xuño).

Esta decisión será ratificada no pleno municipal que se celebra esta tarde, a partir das 20:00 horas na Casa Charry. Tamén é posible seguir a sesión en directo a través de Radio Oleiros (101.5 FM e oleiros.org).