O concelleiro de Servizos, José Manuel Sanmartín Fornos, presentaba esta mañá por rexistro o escrito de renuncia á súa acta de concelleiro en Neda. A dimisión, por motivos persoais e familiares, deberá ser aceptada polo pleno da corporación na próxima reunión ordinaria.
José Sanmartín (68 anos) chegou ao Concello de Neda durante a pasada lexislatura, cando asumiu a delegación de Servizos Servizos, Parques, Transportes e Sanidade. No presente mandato asumiu as competencias de Servizos, Sanidade e Medio Rural, ademais de converterse en terceiro tenente alcalde.
O rexedor municipal Ángel Alvariño mostrouse esta tarde agradecido pola dedicación de Sanmartín durante estes cinco anos de traballo.