Máis de 250 nenos e nenas, canda as súas familias, celebraron este sábado a décimo sexta edición do Día do/a Neno/a. O tempo acompañou, polo que a piscina municipal e a área recreativa de Papucín estiveron cheas de xente durante toda a tarde do sábado.
O Concello de Frades mantivo nesta edición os grandes atractivos de edicións previas, como os inchables, tanto na piscina como fóra, o tren turístico, o touro mecánico e os xogos populares. Este ano, os cativos e cativas desfrutaron dunha serie de granizados de sabores, que estiveron sempre moi demandados, así como dunha gran merenda mentres desfrutaban da actuación do clown Popín.