Friday 22 de November de 2024

Adíase a mostra e degustación culinaria a cargo de Miguel Mosteiro na Pobra


Un imprevisto obriga a adia-la mostra e degustación culinaria en base á conserva a cargo de Miguel Mosteiro prevista inicialmente para esta tarde na Pobra do Caramiñal.

A nova data elixida é o 5 de agosto. Mantéñense a hora e o lugar: ás 20.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

Trátase dunha proposta organizada pola Concellaría do Turismo para exalta-la tradición mariñeira da localidade, desta vez, a través da gastronomía.