Friday 22 de November de 2024

Neda inicia o proceso para contratar unha auditoría das redes de saneamento municipais


O Concello ten en marcha xa a elaboración dun inventario da rede principal

O Concello de Neda vén de iniciar os trámites para a contratación dunha auditoría das redes de saneamento municipais. O obxectivo será a detección de todas as posibles infiltracións e a formulación de medidas correctoras. O estudo sumarase á outros xa iniciados para dar unha solución integral ao problema de vertidos existente.

A administración local contratará, con cargo a unha subvención que vén de conseguir de Augas de Galicia, os traballos para avaliar o estado das canalizacións de saneamento, mapear os puntos que presentan problemas, e formular as medidas correctoras axeitadas para suprimilos ou, se non é posible, minimizalos.

O estudo ten un orzamento de 17.938 euros -o Concello conta cunha axuda de 14.350 euros- e deberá estar finalizado antes do mes de novembro.

Esta auditoría forma parte dos traballos iniciados o pasado ano para dotar ao municipio dun plan director de saneamento, documento imprescindible de cara a buscar a colaboración económica doutras administracións para dar unha solución integral ao problema. Trátase dunha materia pendente despois de que no 2015, Neda fora mantida á marxe das grandes infraestruturas de saneamento da ría de Ferrol.