• A programación da 11ª edición do Mercado Pirata inclúe postos de artesanía, alimentación, música e animación durante as tres xornadas
A praza de Ramón Juega acollerá do venres 2 ao domingo 4 de agosto a 11ª edición do Mercado Pirata de Laxe.
O Concello volve a colaborar con Los Templarios Eventos, entidade organizadora desta proposta lúdica, co obxectivo de promover unha festividade que cada ano está máis consolidada entre a veciñanza.
Durante estes tres días o público asistente poderá gozar de postos de artesanía e alimentación, actuacións musicais e animación.
Na primeira xornada, o venres 2 de agosto, o horario será de 19:00 a 23:00 horas; mentres que o sábado e o domingo, 3 e 4 de agosto, será de 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 23:00 horas.
Ademais, todas as noites, ás 22:30 horas, haberá un espectáculo de lume.