Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón investirá case 70.000 euros na mellora dos accesos ao lugar de Loureda


O Concello de Boqueixón vai investir 68.906,12 euros nas obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, asistiu ao acto de replanteo dos traballos, que serán executados pola empresa Obras y Viales de Galicia SL.

 

Rodeiro Tato explica que os accesos “contarán cunha zona formigonada de 480 metros cadardos, así como unha cuneta formigonada de 205 metros, con recollida de augas pluviais. Ademais, melloraremos con tratamento asfáltico a pista de acceso”. A maiores, acometerase a limpeza de gabias e salvagabias e colocaranse tres sinais de Stop.