Friday 22 de November de 2024

Incendio nunha nave no lugar de Barro, no Concello de Noia


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados pasadas as 20:30 horas de onte, xoves 25 de xullo, dun incendio que afectou a unha nave abandonada no paseo de Barro, pertencente ao Concello de Noia.

O lume orixinouse nun serradoiro que se atopa en situación de abandono e o operativo despregado polos bombeiros consistiu na extinción dos distintos focos de lume e na comprobación das medidas de seguridade.

No operativo tamén participaron a Policía Local de Noia, a Garda Civil e o GES de Noia.