O Concello de Oleiros quere expresar o seu profundo pesar polo falecemento de Sito Sedes, un dos máis grandes artistas da música de Galicia e estreito colaborador do Concello. Figura senlleira da verbena galega, será especialmente lembrado polo seu destacado paso pola orquestra Los Satélites.
A voz máis cálida de Galicia seguirá soando a través de Radio Oleiros, emisora da que era fiel seguidor pola súa calidade musical e na que foi entrevistado por última vez no 2021 con motivo do álbum que editou polos seus 50 anos na música.
Que a terra che sexa leve!
ENTREVISTA EN RADIO OLEIROS (24-3-21): https://www.ivoox.com/sons-utopos-24-3-21-audios-mp3_rf_67343901_1.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR1T0zkYKUz6A2qt46Wugaxo1FSCkA4_JkWH-mghnrX6K3ZtzNKxHGtnJPg_aem_-Pp1VtcqBrcshszSofEi2A