Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ponteceso celebra o 4 de agosto a XXX edición do Día da Bicicleta


 As inscricións da actividade realizaranse entre as 9 e as 10:45 horas dese mesmo día, no propio lugar de saída

 Para realizar a actividade será obrigatorio levar casco e as persoas participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. Ademais, ao remate haberá un sorteo de agasallos.

O Concello de Ponteceso organiza o vindeiro domingo, 4 de agosto, a edición número 30 do Día da Bicicleta.
A saída será ás 11 horas desde a Praza do Relleno e percorreranse un total de 14 quilómetros, pasando por Couto, Cerezo, Lestimoño, Tella e Anllóns.
As inscricións da actividade realizaranse entre as 9 e as 10:45 horas dese mesmo día, no propio lugar de saída. Pódese concretar máis información sobre a xornada nos teléfonos 981 971 719 e no 616 485 520.
Para realizar a actividade será obrigatorio levar casco e as persoas participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. Ademais, ao remate haberá un sorteo de agasallos.
En palabras do alcalde, José Manuel Mato, “celebramos xa a edición número 30 do Día da Bicicleta, o que implica o compromiso do noso municipio co deporte, e neste caso coa bicicleta” e engadiu que “para o noso equipo de goberno é unha prioridade a promoción de actividades deportivas que redunden no beneficio da saúde da nosa veciñanza”.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Raquel Fondo, chamou “á participación de todo o mundo, veciños e visitantes, nesa xornada de domingo, para seguir facendo do noso Concello un lugar onde a práctica dos deportes sexa de gran relevancia” e, por último, quixo “darlle as grazas a todas as entidades colaboradoras, que fan posible que este evento se leve a cabo ano tras ano”.