Monday 25 de November de 2024

A décima edición da Carreira Popular de Ortigueira celebrarase o domingo 4 de agosto


• As persoas interesadas en participar poden inscribirse na web www.galitiming.com

• Haberá dúas distancias: unha de 10 quilómetros e outra de 5, ademais dunha andaina e distancias para menores.

A Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira e o Concello organizan unha nova edición da Carreira Popular de Ortigueira, que se celebrará o domingo 4 de agosto.

A proba, que cumpre o seu décimo aniversario xa totalmente asentada no panorama deportivo provincial, dispoñerá de dúas distancias: unha de 10 quilómetros e outra de 5. Ademais, tamén se celebrará unha andaina de 13 quilómetros e haberá carreiras con distancias adaptadas para os e as menores.

As tres teñen a súa saída nos Xardíns do Malecón. Mentres as carreiras serán polas rúas de Ortigueira, a andaina percorrerá o carreiro litoral Cabalar – Morouzos ata a praia.
As clasificacións das carreiras dividiranse en catro categorías diferentes: sub-18 (14 – 17 anos), sénior (18 – 35 anos), veterano (36 – 49 anos) e veterano 2 (50 ou máis anos) e haberá tres trofeos para cada unha das categorías.

As persoas interesadas en participar en calquera das probas deste evento deportivo poden inscribirse a través da web https://inscricións.galitiming.com/inscripcion/x-carreira-popular-ortigueira-2024/. O prezo para participar en calquera das carreiras ou na andaina é de 7 euros e o prazo termina o xoves 1 de agosto.