Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 18:00 horas de onte, martes, 23 de xullo, dun accidente de tráfico acontecido no punto quilométrico 12 da estrada AC-546, ao seu paso pola parroquia de Fontecada, no Concello de Santa Comba.
O accidente foi provocado por unha colisión entre dous vehículos, un estacionado sen ocupantes no seu interior e outro que circulaba pola vía e que bateu neste. O operativo consistiu na sinalización da incidencia, na limpeza de restos da vía e na colaboración na retirada dos vehículos.
Participou tamén a Garda Civil de Tráfico.