O servizo prestarase a partir do 11 de setembro no CPI Cernadas de Castro, en horario de 7:30 a 9:00 horas
O Concello de Lousame abre mañá mércores o prazo de preinscrición no programa “Lousame Concilia” para o curso 2024/2025, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. O servizo empezará a prestarse dende o 11 de setembro, en horario de 7:30 a 9:00 horas.
O prazo de preinscrición estará aberto ata o próximo 4 de agosto no Departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 08:30 a 14:30 horas. Os impresos poden recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal).
Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Plan Corresponsables e a Consellería de Política Social e Igualdade. O Concello de Lousame lembra que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos en datas concretas durante o curso escolar. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494 ou 689 126 385.