A escultura Como Agua, de Isabel Soler Rivas, inaugúrase neste domingo 28, ás 12.30 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán nun acto amenizado por Esperanza Mara. Contará coas intervencións do alcalde, José Carlos Vidal; da concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos; da artista, Isabel Soler; e de Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer.
Esta iniciativa da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal busca lanzar unha mensaxe de repulsa á violencia de xénero e homenaxear a tódalas vítimas. Para tal fin, ademais do labor técnico diario que se realiza dende esta Área, optouse pola concepción dunha talla baixo o formato dun concurso de ideas cunha dobre óptica: artística e reivindicativa. E a proposta Como Agua resultou a mellor valorada polo xurado debido ao concepto de movemento, de dinamismo, que traslada a certeza de que hai saída da violencia de xénero.