Friday 22 de November de 2024

Ribeira presenta un novo Artemar


Na mañá de hoxe o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro  de Mar, Fernando Abraldes presentaron unha nova edición de Artemar que vaise a  celebrar do 15 ao 18 de agosto e que contará con preto dun cento de stands de venda de  produtos, así como espectáculos infantís, animación de rúa e espectáculos nocturnos a  cargo da empresa AMB que está especializada neste tipo de eventos. 

Novidades 

Suárez-Puerta informou das novidades de esta edición “por unha parte indicar que a  rúa de Galicia, como era habitual, será a principal zona dos postos da feira e actividades  complementarias, pero nesta ocasión prescindiremos do entorno da Praza do Concello  (motivado principalmente polas obras na zona) e alongaremos a feira dende o Cruceiro da  Saúde na Rúa de Galicia ata chegar a Bandourrío e Praza de Pontevedra”. 

Tamén aludiu que respecto de anteriores edicións tamén se incrementará a animación  das rúas, os talleres infantís e os espectáculos nocturnos, xa que haberá un mínimo de  3 horas de talleres infantís o xoves (primeiro día) e un mínimo de 6 horas de talleres  e obradoiros cada un dos demais días (venres, sábado e domingo) así coma dous  espectáculos nocturnos cada noite.  

Tecido local 

A empresa organizadora deberá reservar un mínimo de metros do percorrido para postos  de artesáns ou empresas con domicilio fiscal no Concello de Ribeira, aos que se lle  aplicará unha bonificación do 50% sobre o prezo xeral pola instalación do posto. Polo que  animamos a aquelas empresas ou artesáns interesados a contactar coa empresa nestas  semanas previas para participar, facilitaremos o contacto nas concellerías de turismo e  festexos (oficina de turismo ou centro cultural lustres rivas). 

Suárez-Puerta recordou que “é importante a participación das empresas locais, tamén  importante é a participación da veciñanza, por iso dende aquí animamos á cidadanía a  implicarse na celebración e desfrute desta feira, e que acudan con vestimenta relacionada  co mundo mariñeiro e da pesca”

A feira comeza un xoves, nos días previos desa semana comezará a instalación da  decoración e dos postos para que dea tempo a ter todo listo polo que se agradece a  colaboración veciñal neste senso.  

Dende o Concello se informa que no tramo polo que discorra a feira garantirase o paso  dos veciños os garaxes, vivendas, e en todo caso tamén aos vehículos de emerxencias.  Tamén se reforzará o servizo de recollida de lixo e limpeza nas zonas da feira.  

Editaranse folletos coa programación específica que se poderán recoller uns días antes  en distintas instalacións municipais como a oficina de turismo, o Centro Cultural Lustres  Rivas, a Casa do Concello, etc. 

Horarios: 

  • O xoves a apertura oficial será ás 18:00h con peche a medianoite e contaremos  cun pregón inaugural que desvelaremos unha vez teñamos pechado o programa  definitivo. 
  • O venres, sábado e domingo estará aberta de 12 a 15h e de 18 a medianoite, con  posibilidade de alongar o peche ata as 2 da madrugada na fin de semana.