Friday 22 de November de 2024

Ribeira pon en valor a memoria de Corrubedo grazas á doazón dos fondos documentais da Asociación de Veciños “As Dunas”


Nesta mañá o Concello de Ribeira fixo un acto de recepción e sinatura dos fondos documentais da Asociación veciñal “As Dunas”, o rexedor, Luís Pérez e o veciño da doazón, Francisco Otero, selaron esa doazón na presenza do arquiveiro municipal, José Antonio Otero.

Francisco Otero Lijó achegou no acto documentación da Asociación de Veciños “As Dunas” (da que foi secretario e logo presidente) e tamén a documentación como correspondente ao xornal “La Voz de Galicia”. Dende o arquivo municipal sinalan que a doazón feita polo señor Otero que “axuda a coñecer mellor a historia e circunstancias da parroquia de xeito que se podería chegar a formar un fondo especial nos fondos do Arquivo Histórico co nome de “Corrubedo” e engadiron “a nosa idea é que esta primeira doazón sirva de ánimo para que a xente considere a posibilidade de doar documentación que teña (arquivos persoais, familiares, empresariais,…) ao Concello de Ribeira ou ben que permita reproducilos mediante dixitalización e devolver os orixinais a os seus propietarios e tamén unha reprodución dixital.”
Fracisco Otero manifestou “sentirse agradecido e feliz de dar unha saída para a custodia de toda a documentación” que ao largo da vida fun acumulando tanto a nivel persoal como nas miñas diversas etapas de concelleiro e sobretodo coma presidente da asociación de veciños “As Dunas” de Corrubedo, son 25 anos de existencia da asociación e 45 de actividade persoal que lle adiquei á comunidade”
Pérez Barral agradeceu de maneira especial a doación de Francisco Otero grazas á que “Ribeira recupera a historia de Corrubedo cuns fondos que datan dende 1979 ata o ano 2000 e que nos permite acrecentar os fondos documentais do arquivo municipal con respecto a esta parroquia ribeirense”. O rexedor animou á veciñanza que posúa documentos históricos en propiedadeque se poña en contacto co Arquivo Municipal de Ribeira para estudar a maneira de que eses documentos se podan consultar públicamente mediante doazóns ou dixitalizacións.

O alcalde anunciou tamén unha doazón futura de Otero Lijó dun documento do século XIX sobre salvamento de náufragos concedido a unha familiar súa no tempo de Isabel II. “Vemos que Ribeira foi un exemplo en actuacións de rescates tanto a nivel colecivo como de maneira indivisual e como Administración pública debemos preservar, custodiar e difundir toda esa documentación para xeracións vindeiras”.

O arquiveiro municipal, José Antonio indicou que tamén se está ideando levar a cabo antes de final do presente ano unha exposición e/ou publicación de fotos antigas de Ribeira que non son coñecidas e foron doadas por amigos e colaboradores do arquivo.