Friday 22 de November de 2024

A Xunta pon en valor o labor da Confraría de Pescadores de Lira coa degustación dos produtos do mar capturados pola fronta artesanal 


O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu á Festa de degustación dos produtos da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, organizada pola Confraría de Pescadores de Lira. Nesta degustación destácase a calidade dos produtos do mar, integramente da reserva, certificados coa marca de calidade pescadeRías, de onde se non? como o polbo, os percebes, os berberechos, as navallas, as nécoras e o mexillón. Deste xeito, difúndese o que supón este distintivo da Xunta de Galicia, que certifica que os peixes e mariscos foron capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda e con artes de pesca moi selectivas, o que contribúe a impulsar a súa demanda.