Friday 22 de November de 2024

Camariñas comeza as obras de renovación do pavimento do parque de Ponte do Porto


O Concello asume o total do orzamento desta actuación.

Hoxe, sábado 20 de xullo, darán comezo as obras de renovación do pavimento do parque infantil de Ponte do Porto, en concreto na rúa Campo do Outeiro.

Desde o Concello de Camariñas pídeselle á veciñanza que durante o transcurso das obras non se debe usar o parque.

Para levar a cabo esta obra solicitouse unha subvención á Xunta de Galicia para a liña de parques infantís, pero o goberno autonómico rexeitou a petición municipal. Finalmente, a obra financiase ao cento por cento con aportación municipal. O orzamento total de execución material das obras a executar é de 17.688,09€, o orzamento de contrata sumando o I.V.E. ascende a 25.469,08€.

Instalarase un pavimento continuo composto de dúas capas que ten como vantaxe fronte a outras opcións a súa maior absorción de impactos, é antideslizante e de mantemento sinxelo, non é inflamable, nin tóxico, non ten xuntas e adáptase a calquera tipo de terreo.