Friday 22 de November de 2024

Camariñas acolle esta fin de semana a VIII edición dun ‘O Encaixe no Camiño’ que se inaugurou hoxe


• A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, insiste na necesidade de “non só reivindicar o Encaixe como un elemento vertebrador do noso pasado; senón que tamén nos fará mirar cara o futuro con esperanza”.

Camariñas acolle hoxe, sábado 20 de xullo, e mañá, domingo 21 de xullo, a VIII edición dun ‘ O Encaixe no Camiño’ que se inaugurou hoxe. O evento, organizado pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e coa colaboración do Concello de Camariñas e da Deputación da Coruña, das Asociacións de Palilleiras ‘Rendas’ e ‘Puntillas’, ambas de Camariñas, Protección Civil, Amas de Casa ‘El Hórreo’ e o Club Náutico.

A alcaldesa, Sandra Insua, inaugurou esta mañá o evento recalcando a necesidade de “non só reivindicar o Encaixe como un elemento vertebrador do noso pasado, senón como arte dinamizadora dun futuro esperanzador para nós”.

Hoxe, sábado 20 de xullo, terá lugar o desfilde d ecomparsas, a saída da comitiva da Casa de Pedra, recreacións teatrais e o desembarco do Rei no Porto de Camariñas. Ademais, a conferencia “Vínculo de Afonso IX e o Encaixe no Camiño” co historiador convidado José María García-Osuna. A partir das 21:00 horas, concertos de Troianos de Compostela e Belém Tajes.
Mañá, domingo 21 de xullo, a comitiva sairá da praza do Mercado ás 9:30 horas, e acompañarán ao Rei desde Camariñas ata Cereixo. Ás 18:00 horas, desembarcará a dama italiana que ensinou a palillar, e media hora despois, ás 18:30 horas, recreación teatral e o desfile do Encaixe.
Tanto o sábado como o domingo haberá, de 11:00 a 22:00 horas, mercado medieval, actuacións musicais e xogos populares.

A alcaldesa, Sandra Insua, convidou a “todo o mundo a celebrar con nós a artesanía a través dunha viaxe no tempo que é única na Historia”, e quixo agradecer “á Deputación da Coruña, organización e colaboradores, Rendas, Puntillas, Protección Civil, Amas de Casa e o Club Náutico, Dolores Lema… infinidade de persoas que fan posible que cumpramos hoxe sete edicións”.