Os socialistas reclaman a ampliación e cuberta do parque infantil da rúa Lisboa, en Fontiñas; así como o acondicionamento de dúas parcelas ao carón dos colexios Quiroga Palacios (Santa Marta) e Ramón Cabanillas (Pontepedriña)
Esixen ademais actuacións de asfaltado e mantemento de viais en rúas de Conxo e A Rocha e o arranxo dos accesos no parque Alexandre Bóveda en Vite
“Actuaremos de forma responsable, leais coa cidade pero esixentes co goberno local” adianta o seu portavoz, Gonzalo Muíños
Responsables pero “esixentes”, é a postura que adiantan desde o Grupo Municipal Socialista para a negociación do reparto dos remanentes. Son 6,7 millóns de euros os que recolle o expediente que será sometido a consideración do pleno nunha sesión extraordinaria o 31 de xullo, e desde as filas socialistas xa marcan esixencias a incluír no reparto con tres cuesAón principais: parques infanIs, aparcadoiros e a volta do MulAxogo Nadal.
“O Grupo Municipal Socialista traballa para que esta cidade non se pare, non cremos no obstrucionismo que si pracAcou a alcaldesa na súa etapa de oposición, pero tampouco concedemos cheques en branco” afirmou este sábado o portavoz socialista, Gonzalo Muíños, antes de enunciar as esixencias que formularán na negociación. Unhas liñas que pasan por acometer actuacións de asfaltado e mellora en rúas de Conxo e A Rocha. Concretamente son a rúa Rial de Conxo, a rúa do Río e as rúas Churruchao e do Piñeiro.
Pero ademais, reclamarán a rehabilitación do muro na rúa da Decoita, así como o arranxo dos accesos no parque Alexandre Bóveda, en Vite, que actualmente conta con lousas levantadas pola presión das raíces das árbores da zona.
Parque infantil cuberto en Fontiñas
Para os socialistas o expediente de remanentes de este ano supón unha “oportunidade” para apostar pola creación dun parque infantil cuberto, unha actuación que, recoñece a tamén edil socialista, Mila Castro, “a veciñanza ven demandando desde hai tempo”. Castro propón que se inclúa unha parAda para acometer a ampliación do parque infantil sito na rúa Lisboa e que permita ademais dotalo dunha cuberta “para que as nenas e nenos poidan xogar tamén os días de chovia, que en Santiago non son poucos”.