Friday 22 de November de 2024

Máis de 3.500 persoas participan na sardiñada de Mera


Máis de 3.500 persoas participaron na tradicional sardiñada de Mera. Foi unha inmellorable xornada festiva de convivencia e diversión.

 

Aínda que a Xunta non recoñece a sardiñada de Mera como festa de interese turístico, hai un recoñecemento moito máis importante: o dos centos de persoas que participaron un ano máis nesta festa tan singular e que contribuíron a crear ese ambiente tan agradable e familiar.

 

O Concello de Oleiros agradece especialmente á Asociación de Veciñal San Cosme de Maianca o seu bo traballo, imprescindible para manter viva a sardiñada de Mera.