Friday 22 de November de 2024

A oferta turística do verán na Pobra pon o ollo na serra con buses lanzadeira e rutas guiadas


A partir da vindeira semana entrarán en funcionamento os buses lanzadeira a dous dos principais reclamos paisaxísticos da localidade dentro da axenda estival deseñada pola Concellaría do Turismo que convida a veciñanza e visitantes a desfrutar de tódolos recursos baixo o slogan A Pobra do Caramiñal: vive a experiencia…

O servizo habilitarase con dirección ao miradoiro da Curotiña no 23 de xullo e nos días 6, 13 e 20 de agosto; e porase en marcha ao río das Pedras (na contorna da Aldea Vella) no 8 e no 22 de agosto.

Partirá dende as inmediacións do parque do Castelo ás 10.30, 11.30 e 16.30 horas. O custo é de 2’50 euros por persoa e viaxe. Os billetes expediranse previamente na oficina do turismo.

E, coa mirada tamén posta na serra, apóstase novamente polas rutas guiadas polo río das Pedras; unha paraxe de gran riqueza e singularidade. As excursións comezarán no 26 de xullo para seguir nos días 9 e 14 de agosto, ás 10.00 horas. Teñen unha duración de 3 horas, que se traducen en aproximadamente 2 quilómetros a pé. A dificultade é media-alta, polo cal están recomendadas para maiores de 12 anos. O importe por aboar é de 15 euros por persoa e inclúe o traslado nun microbús para observa-la panorámica dende o miradoiro de Valle-Inclán.

Máis información e inscricións na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira; no enderezo electrónico turismo@apobra.gal; ou nos teléfonos de contacto 981843280 (marcando a extensión 2035), 671090262 e 687482835.