Thursday 21 de November de 2024

O alcale, presente na asemblea xeral da Red de Municipios en Transición Justa-ACOM


Esta sección da FEMP agrupa municipios mineiros ou en transición enerxética para aproveitar as oportunidades dos fondos europeos vinculados á transición xusta.

O alcalde, José Manuel López Varela, representou hoxe á Laracha na asemblea xeral da Red Municipios en Transición Justa-ACOM que se celebrou na localidade asturiana de Mieres.
A Rede é unha sección da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) que agrupa municipios mineiros ou en transición enerxética co obxectivo defender as necesidades locais comúns para aproveitar as oportunidades dos fondos europeos vinculados a políticas de transición xusta. O

Concello da Laracha está adherido a ela desde o ano 2022.
Na asemblea xeral de hoxe foron elixidos os vogais do Consello de Goberno da Rede, presentadas as memorias de actividades e de execución orzamentaria do ano 2023 e tamén a de xestión de EURACOM, e aprobadas as propostas do plan de actuación e orzamento para 2024, así como o avance do plan de traballo para 2025.

A xornada concluíu co nomeamento de socios de honra da Rede coa presenza de Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias, e a clausura a cargo de Gemma Álvarez, alcaldesa do municipio asturiano de Ibias e presidente da Red MTJ-ACOM.