O Concello solicita á Xunta de Galicia que os autobuses nocturnos que se poñan para as verbenas de máis afluencia do verán conecten todas as parroquias do municipio. O Concello reclama que se realice unha ruta circular ou se establezan dous percorridos para garantir un mobilidade segura da mocidade de Oleiros.
O Concello reclama á Xunta que non deixe desatendida á mocidade de Oleiros, público principal que precisa deste servizo público. Un bus nocturno con destino principal á cidade pode servir de efecto chamada e arrastrar individuos alborotadores.