Friday 22 de November de 2024

Ponteceso aproba o pago de máis de 100.000 euros en facturas a provedores para axilizar a xestión municipal


 A aprobación permitirá á administración local pagar ás empresas os gastos de carácter básico para o funcionamento eficaz e eficiente dos servizos

 O Concello solicitou unha subvención de 160.000 euros á Consellería de Economía e Industria para mellorar o Parque Empresarial da Tella, pero como tan só se lle concederon 27.000 euros tivo que renunciar a ela por non dispoñer de crédito ordinario

O Concello de Ponteceso aprobou na sesión plenaria ordinaria celebrada no día de onte, 17 de xullo, o pago de 100.696,85 euros en facturas a provedores para para abonar pagos de facturas de servizos, subministros e gastos correntes.

A probación desta medida permitirá á administración local pagar a provedores gastos de carácter básico para o funcionamento do municipio.

O rexedor, Jose Manuel Mato, indica que “a execución destes pagos é fundamental para o funcionamento eficaz e eficiente da administración, mantendo a execución de servizos e permitindo ás empresas que estaban pendentes de pagos seguir coa súa actividade ordinaria”.
Segundo indicou o alcalde, “estes pagos poden efectuarse despois de levar a cabo unha auditoría externa que analizou de forma detallada os pagos pendentes da administración local”.
Renuncia obrigada a unha subvención de 27.000 euros porque só supoñía o 17 % do total solicitado e a falta de disposición de crédito ordinario

O Concello solicitou á Consellería de Economía e Industria unha subvención para mellorar o Parque Empresarial da Tella, encamiñada a habilitar fortalecer as súas infraestruturas, por valor de 160.009, 26 euros.

O organismo autonómico concedeulle á entidade local 27.922, 42 euros deses 160.009,26 euros totais, o que supón o 17,4 % do total do proxecto, polo que tivo que renunciar á concesión desa subvención por non dispoñer de crédito ordinario para afrontar ese investimento.