Friday 22 de November de 2024

O PP de Culleredo denuncia que as instalacións deportivas continúan sen o Plan de Mantemento aprobado en Ssetembro do 2023


∙ A poucos días para o comezo da pretemporada, os clubs veranse obrigados a iniciar as súas actividades sen ter as instalacións reparadas e en óptimas condicións para o inicio dunha nova tempada.

∙ O Partido Popular ha preguntado varias veces nos plenos e por rexistro en que punto atópase a elaboración deste Plan, sen que obtivese resposta algunha por parte do alcalde nin da súa concelleira de deportes.

O estado de abandono que sofren as instalacións deportivas de Culleredo desde hai anos dá mostra clara “da absoluta falta interese por parte deste alcalde que só sabe poñerse na foto cando hai éxitos deportivos, pero despois non se implica o máis mínimo no día a día dos clubs e asociacións deportivas”, acusa a líder popular, Izaskun García.
Tras visitar as instalacións nestes últimos días e despois de falar unha vez máis coas entidades deportivas, os populares puideron constatar que o plan integral de mantemento que se aprobou en setembro do 2023 “debeu perderse nalgún caixón da concellería de deportes, a pesar de que no pleno no que se aprobou, desde o goberno municipal asegurouse que xa se estaba redactando un prego específico. Unha mentira máis”, afirma García.
“Vestiarios insuficientes e en pésimo estado, falta de iluminación, pingueiras en todos os pavillóns, superficies inadecuadas para a práctica deportiva, gretas nalgunhas estruturas, falta de accesibilidade. A lista de deficiencias é tan extensa que nos avergoña”, manifesta a portavoz popular.
Desde o Grupo Popular sinalan que a falta de mantemento é un prexuízo “non só para os deportistas e usuarios destas instalacións. O é para todos os veciños. Un correcto mantemento preventivo supón un importante aforro para as arcas municipais. Algo que tampouco parece preocupar en exceso ao señor Rioboo”.
“Esiximos que José Ramón Rioboo e a súa concelleira de deportes Cristina Pardo cumpran canto antes co que se aprobou no pleno de setembro. Os acordos plenarios son para cumprilos, non para presumir deles e despois convertelos en papel mollado”, advirten desde o Partido Popular.