• A festividade terá lugar do 24 ao 28 de xullo, día no se pechará coa tradicional Festa do Neno desde as 17:00 horas.
• O Desde o Goberno local animan “a todos os veciños e veciñas e persoas visitantes a achegarse ata a nosa vila para gozar duns días festivos marabillosos e para todos os públicos”.
O Concello das Somozas celebra, do 24 ao 28 de xullo, as súas festas na honra a Santiago Apostol.
A tradicional festividade dará comezo pola noite o mércores, 24 de xullo, coas orquestras ‘La Fórmula’ e ‘Panorama’.
O xoves, 25 de xullo, terán lugar varias misas na capela de San Roquiño, ás 10:00 horas, ás 11:00 horas e ás 12:00 horas. Ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión na Igrexa parroquial. A sesión vermú estará amenizada polos grupos musicais ‘Tafornelos’ e ‘Galilea’ e, xa pola noite, actuarán as orquestras ‘Galilea’ e ‘Gran Parada’.
O venres, 26 de xullo, celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial ás 13:00 horas, onde a sesión vermú estará amenizada pola orquestra ‘Solara’. Pola noite volveremos desfrutar da súa música e da orquestras ‘Solara’ e ‘Cinema’.
O sábado, 27 de xullo, ‘Andrés Balado’ renderá unha homenaxe aos clásicos do rock nun gran concerto que dará comezo a partir das 22:30 horas.
O domingo, 28 de xullo, a Festa do Neno poñerá, a partir das 17:00 h, o broche de ouro a estas festas patronais.
Desde o Goberno local animan “a todos os veciños e veciñas e persoas visitantes a achegarse ata a nosa vila para gozar duns días festivos marabilosos e para todos os públicos”.